From Wikipedia, the free encyclopedia
Vuk Stefanović Karadžić, nado en Tršić o 7 de novembro de 1787 e finado en Viena o 7 de febreiro de 1864, foi un filólogo e lingüista serbio, un dos principais reformadores da lingua serbia, estudoso do folclore serbio e tamén traduciu o Novo Testamento á forma reformada do serbio.
Nome orixinal | (sr-cyrl) Вук Стефановић Караџић (sr-latn) Vuk Stefanović Karadžić |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de outubro de 1787 (Xuliano) Tršić (Imperio Otomán) |
Morte | 26 de xaneiro de 1864 (76 anos) Viena, Austria |
Lugar de sepultura | St. Michael's Cathedral (en) (1897–) 44°49′05″N 20°27′08″L Cemitério de São Marcos (pt) (–1897) |
Mayor of Belgrade (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Educación | Gymnasium of Karlovci (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística, Estudos folclóricos (pt) e Etnografía |
Ocupación | lingüista, recompilador de contos fantásticos, antropólogo, filólogo, etnógrafo, diplomático, escritor, tradutor da Biblia, historiador, tradutor, folclorista |
Empregador | Universidade de Belgrado (pt) |
Membro de | |
Influencias | |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Karadžić (1818–) |
Fillos | Mina Karadžić-Vukomanović, Dimitrije Karadžić |
Descrito pola fonte | Larousse Encyclopedia online (pt) Concise Literary Encyclopedia (en) , (vol:3, sec:Караджич) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Naceu Vuk Karadžić de Stefan e Jegda nunha aldea, preto da localidade de Loznica, entón parte do Imperio Otomán. A súa familia tiña a súa orixe en Drobnjaci.
Karadžić era familiar de Jevta Savić Čotrić, a única persoa letrada na contorna, quen lle ensinou a ler e escribir. Logo continuou a súa formación no mosteiro de Tronošun en Loznica. Con 19 anos estivo en Petrinja uns cantos meses aprendendo latín e alemán, marchou logo a Belgrado para intentar seguir os seus estudos, sen logralo e decepcionado foi a Jadar e alí traballou como escribente para Jakov Nenadović. Ao se fundar a Grande Escola de Belgrado en 1808, Karadžić converteuse nun dos seus primeiros estudantes.
Así e todo, enfermou e tivo que deixar os estudos para seguir tratamento en Novi Sad e Pest. Karadžić regresou a Serbia en 1810, e inhábil para o servizo militar, serviu como o secretario dos comandantes Ćurčija e Hajduk-Veljko. Contaría máis tarde as súas experiencias máis tarde en dous libros. Tras a derrota dos rebeldes serbios en 1813 estableceuse en Viena e máis tarde coñeceu a Jernej Kopitar, un lingüista experimentado cun grande interese na eslavística secular; coa súa axuda e guía comezou a recoller pezas tradicionais, ademais a súa influencia axudou a Karadžić na súa loita pola reforma do serbio, ao axudalo na redacción da primeira gramática do serbio popular que publicou en 1814.
En 1814 e 1815, Karadžić editou dous volumes de narodne pesme (cancións populares serbias) que conformarían en total nove volumes, que acadaron a atención dos círculos literarios europeos, Goethe caracterizou algunhas delas como "excelentes e dignas de comparación co Cantar dos Cantares de Salomón."
En 1824, enviou un exemplar da súa colección de cancións a a Jacob Grimm, quen en particularmente apreciou "Зидање Скадра" que Karadžić recolleu de Rashko o Vello. Grimm traduciuna ao alemán .[1] Tamén en Francia lograron o éxito: Charles Nodier, Prosper Mérimée, Lamartine, Gerard de Nerval e Claude Fauriel traduciron un bo número delas, e mereceron a atención do ruso Alexander Pushkin, do poeta nacional finés Johan Ludwig Runeberg, do checo Samuel Roznay, do polaco Kazimierz Brodzinski e dos británicos Walter Scott, Owen Meredith, e John Bowring, entre outros.
Karadžić continuou recollendo cancións ao longo da década de 1830. Chegou a Montenegro no outono 1834, foi á baía de Kotor no inverno, volvendo na primavera seguinte e alí coñeceu a Vuk Vrčević, que se converteu nun colaborador fiel, que recollía contos e cancións para llas enviar. Outro colaborador salientable foi o sacerdote Vuk Popović. Máis tarde tivo outro colaboradores, entre eles Milán Đ. Milićević.
Por consello de Kopitar comezou a escribir a gramática da lingua popular, non obstante carecer da preparación axeitada, tomou como modelo Rukovodstvo k slavenstej grammatice: vo upotreblenik slaveno-serbskih narodnyh uciliscthe escrita por Avram Mrazovic e publicada en 1794. Vuk titulou a súa Pismenica serbskoga jezika po Govoru prostoga naroda napisana e editouna en Viena en 1814, malia as súas carencias foi a primeira gramática do serbio popular. Coñecedor das carencias da súa obra á vez que publicou o seu dicionario de serbio en 1818 editou unha segunda edición ampliada da súa gramática recollendo os consellos de Kopitar e outros eruditos. Na segunda edición do seu dicionario, que data de 1852, incorporou material de Montenegro, Dubrovnik, Dalmacia e Croacia.
Nos tempos de Karadžić a lingua literaria en uso entre os serbios representaba unha mestura caótica, a antiga literatura serbia floreceu na interpretación serbia do eslavo eclesiástico mais no século XVIII houbo unha forte influencia de libros eclesiásticos procedentes de Rusia e que usaban, xa que logo, a versión rusa do eslavo eclesiástico penetrando elementos desa versión e do propio ruso na lingua literaria da igrexa serbia, o que deu lugar á formación dunha nova lingua literaria, o eslavónico-serbio, que incluía tamén moitos elementos do serbio popular, a partir da segunda metade do XVIII e que nos tempos de Vuk era a norma oficial na igrexa, escolas e predominante na literatura[2]. Karadžić contou coa oposición da xerarquía da Igrexa ortodoxa serbia e dunha parte dos autores da época, como Milovan Vidaković[3] ou Jovan Hadžić.
Karadžić reformou a lingua literaria serbia e estandarizou o alfabeto cirílico serbio seguindo principios estritamente fonéticos baseados no modelo de Johann Christoph Adelung e do alfabeto checo de Jan Hus. As reformas de Karadžić modernizaron e distanciaron a lingua literaria do eslavo eclesiástico ruso e serbio, achegándoa á lingua falada polo pobo, especificamente do dialecto da Hercegovina oriental que el falaba. Karadžić foi canda Đuro Daničić o principal signatario do Acordo Literario de Viena que pretendía sentar unhas bases comúns para o serbio e o croata. Karadžić tamén traduciu o Novo Testamento, versión que publicou en 1847 e que axudou a consolidar a nova norma literaria. Tras a súa morte o esforzo vukoviano de estandarizar a lingua duraría o que quedaba de século. En 1868 Voivodina adoptouno como a norma oficial do serbio[4]. A independencia en 1878 e o florecemento da cultura nacional baseada en Belgrado e Novi Sad faría que ao final se impuxese o acento ekaviano, nativo desas dúas capitais e maioritario entre os falantes..
Alén das súas reformas lingüísticas, Karadžić tamén contribuíu á literatura popular, compilando cancións, contos e proverbios dos campesiños, considerándoos como unha parte integral da cultura serbia. A el débese o primeiro dicionario de serbio vernacular.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.