From Wikipedia, the free encyclopedia
Vs. é un álbum da banda estadounidense de post-punk Mission of Burma, editado no ano 1982. Foi realizado despois do seu EP Signals, Calls, and Marches, e trátase do único álbum que lanzou a banda durante os 80, xa que pouco despois Mission of Burma separouse debido a que a Roger Miller diagnosticáronlle un acúfeno.
Vs. | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Mission of Burma | ||||
Publicado | 1982 | |||
Gravación | xaneiro - abril de 1982 | |||
Estudio(s) | Normandy Sound | |||
Duración | 41:30 | |||
Xénero(s) | post-punk | |||
Selo(s) | Ace of Hearts | |||
Produtor | Richard W. Harte | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
O álbum é aclamado como un dos exemplos clásicos do movemento post-punk e foi colocado no número 49 dos 100 mellores discos dos 80 por Pitchfork Media. Eddie Vedder afirmou que o álbum de Pearl Jam de 1993 Vs. foi titulado así como homenaxe a este disco de Mission of Burma. En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 40 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]
Todos os temas foron compostos por Roger Miller agás onde se indique:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.