![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Airbus_A300B4-605R%252C_American_Airlines_AN0201220.jpg/640px-Airbus_A300B4-605R%252C_American_Airlines_AN0201220.jpg&w=640&q=50)
Voo 587 de American Airlines
Accidente de aviación / From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 587 de American Airlines era un voo regular entre o Aeroporto Internacional John F. Kennedy en Nova York e o Aeroporto Internacional Las Américas de Santo Domingo, na República Dominicana. O 12 de novembro de 2001 o Airbus A300-600 que realizaba a ruta esnafrouse na veciñanza de Belle Harbor en Queens, un dos barrios da cidade de Nova York, pouco despois de engalar. Os 260 ocupantes do aparello morreron, xunto con cinco persoas en terra.
Voo 587 de American Airlines | |
---|---|
![]() O avión do accidente. | |
Resumo | |
Data | 12 de novembro de 2001 |
Causa | fallo da estrutura da cola debido a un erro do piloto |
Lugar | Queens, Nova York |
Coordenadas | |
Finados | 265 (os 260 do avión e 5 en terra) |
Feridos | 1 (en terra) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A300-600 |
Operador | American Airlines |
Pasaxeiros | 251 |
Tripulación | 9 |
Superviventes | 0 |
A localización do accidente e o feito de que ocorrese dous meses e un día despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 no World Trade Center de Manhattan inicialmente xerou temores de que se tratase dun ataque terrorista. O terrorismo foi oficialmente descartado como causa pola Xunta Nacional de Seguridade no Transporte (NTSB), que no seu lugar atribuíu o desastre ao uso escesivo dos controis do temón por parte do primeiro oficial en resposta a unha turbulencia de estela procedente dun Boeing 747-400 de Japan Airlines que engalara minutos antes. Segundo a NTSB, este uso agresivo causou que o estabilizador vertical rompese e se separase do avión. Os dous motores tamén se separarían antes de que o aparello golpease o chan.[1]