O voo 1492 de Aeroflot era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dendo o aeroporto de Moscova-Sheremetyevo ata o aeroporto de Murmansk. O día 5 de maio de 2019 o Sukhoi Superjet 100 que operaba a ruta foi golpeado por un raio e regresou a Sheremetyevo para unha aterraxe de emerxencia. As ás e a parte traseira da fuselaxe incendiáronse tras unha toma dura e 41 persoas a bordo morreron.

Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 1492 de Aeroflot
Thumb
O avión accidentado
Resumo
Data  5 de maio de 2019
Causa  accidente na aterraxe
Lugar  Moscova-Sheremetyevo
Coordenadas  55°58′06″N 37°24′07″L
Orixe  Moscova-Sheremetyevo
Destino  aeroporto de Murmansk
Finados  41
Feridos  10
Aeronave
Tipo de aeronave Sukhoi Superjet 100
Operador  RA-89098
Pasaxeiros  73
Tripulación  5
Superviventes  37
Pechar

Avión

O aparello accidentado era un Sukhoi Superjet 100 de fabricación rusa. O avión tiña o rexistro RA-89098[1] e o número de serie do fabricante 95135, e voara por vez primeira no ano 2017.[2]

Accidente

O voo 1492 engalou do aeroporto de Moscova-Sheremetyevo cara ao aeroporto de Murmansk ás 18:02 hora local (15:02 UTC). Deixou de subir ao nivel de voo 090 (uns 2,7 km) e regresou, realizando unha aterraxe de emerxencia 30 minutos despois da engalaxe, onde se saíu da pista e se incendiou.[3][4] O avión ardeu quedando só a parte dianteira da fuselaxe intacta.[1] Os informes dos pasaxeiros que sobreviviron suxiren que un raio puido golpear o aparello pouco despois da engalaxe, e os tripulantes dixeron que este puido ser o responsable da perda de comunicación co control de tráfico aéreo. Debido á perda de comunicación os pilotos decidiron que era demasiado perigoso soltar combustible sobre Moscova antes da aterraxe de emerxencia.[5]

O comité de investigación ruso anunciou que, dos 5 tripulantes e 73 pasaxeiros, 37 persoas sobreviviran ao accidente[6] e as 41 restantes, incluído un tripulante, morreron.[7]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.