![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dd/Japan_Airlines_JA8119.jpg/640px-Japan_Airlines_JA8119.jpg&w=640&q=50)
Voo 123 de Japan Airlines
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 123 de Japan Airlines era un voo doméstico operado pola aeroliña Japan Airlines entre o Aeroporto de Haneda e o Aeroporto Internacional de Osaca. O luns 12 de agosto de 1985, un Boeing 747SR que realizaba esta ruta comezou a ter fallos mecánicos aos 12 minutos da engalaxe e, 32 minutos despois, estrelouse contra o monte Takamagahara en Ueno, na prefectura de Gunma, a 100 quilómetros de Toquio. Os seus 15 tripulantes e 505 dos seus 509 pasaxeiros morreron, sendo o peor accidente aéreo en voo único ata a data.
Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 123 de Japan Airlines | |
---|---|
![]() O JA8119, o avión do accidente. | |
Resumo | |
Data | 12 de agosto de 1985 |
Causa | Fallo estrutural por unha reparación defectuosa, perda de control hidráulico. Voo controlado contra o terreo. |
Lugar | monte Takamagahara, Ueno, prefectura de Gunma ![]() |
Coordenadas | |
Orixe | Aeroporto de Haneda |
Destino | Aeroporto Internacional de Osaca |
Finados | 520 |
Feridos | 4 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 747SR |
Operador | Japan Airlines |
Rexistro | JA8119 |
Pasaxeiros | 509 |
Tripulación | 15 |
Superviventes | 4 |
Pechar