![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1c/Mikrofoto.de-volvox-4.jpg/640px-Mikrofoto.de-volvox-4.jpg&w=640&q=50)
Volvox
xénero de algas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Volvox é un xénero de algas verdes clorófitas, que forman colonias esféricas ocas de miles de células biflaxeladas, situadas na superficie da esfera e xeralmente interconectadas por conexións citoplasmáticas. Viven en diversos hábitats de auga doce, e xa foran observadas por Antoni van Leeuwenhoek en 1700.[1] Pénsase que Volvox desenolveu o seu estilo de vida colonial hai uns 200 millóns de anos.[2] Durante moito tempo foron consideradas protistas, pero as clasificacións actuais sitúanas no reino das plantas.
Máis información Volvox, Clasificación científica ...
Volvox | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Volvox sp. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Volvox aureus |
Pechar
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/66/Volvox.svg/640px-Volvox.svg.png)