Volinia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Volinia[1] (en ucraíno: Волинь, Volyn; en polaco: Wołyń; en ruso: Волынь, Volyn’; tamén chamada nalgúns textos Volynia ou Volhynia e, en certos momentos da historia, Lodomeria) é unha rexión histórica do oeste de Ucraína localizada entre os ríos Prípiat e Bug Occidental, ao sur de Polesia, até o norte da rexión centroeuropea de Galicia e de Podolia.
A zona é unha das primeiras rexións nas que habitaron os pobos eslavos. Parte da histórica Volinia forma hoxe as óblast de Volyn, Rivne e partes das óblast de Zhytomyr e Ternopil en Ucraína, así como partes de Polonia (como Chelm).
As súas principais cidades son Lutsk (a capital histórica), Zhytomyr, Kovel, Kremenets e Novohrad-Volynsky.