Volcán submarino
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os volcáns submarinos son as aberturas ou fisuras na superficie do leito oceánico polas que pode facer erupción o magma e o edificio volcánico que se orixina. Moitos volcáns submarinos están localizados preto das áreas onde as placas tectónicas están en movemento, especialmente en dorsais oceánicas ou foron orixinados por puntos quentes. Só os volcáns das dorsais oceánicas estímase que emiten o 75% do magma que fai erupción na Terra.[1] Aínda que a maioría dos volcáns submarinos están localizados en zonas profundas do mar, hai tamén algúns en zonas pouco profundas, e estes poden descargar material á atmosfera durante unha erupción. O número total de volcáns submarinos estímase que é de arredor dun millón, dos cales uns 75 000 se elevan polo menos 1 km sobre o leito do mar.[1]
As fontes hidrotermais submarinas, son sitios con abundante actividade biolóxica que adoitan encontrarse preto dos volcáns submarinos.