Vitellaria paradoxa
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
Vitellaria paradoxa é unha especie arbórea de até 15 metros de altura das sabanas arbóreas do oeste de África da que se tira a coñecida coma manteiga de carité ou xea[2]. A verba francesa karité vén da lingua wolof ghariti, que significa "árbore da manteiga". Esta árbore pode vivir até tres séculos e o diámetro do toro pode acadar o metro.
Carité, xea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sementes | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Vitellaria paradoxa C.F.Gaertn. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Tradicionalmente en África Occidental, os seus froitos chámanse de noces, estes froitos son drupas carnosas cun óso de casca fina. Tras a súa ebulición e esmagado obtense unha graxa vexetal chamada de manteiga de carité. Esta substancia é comestíbel e utilizada tradicionalmente na cociña local, tamén se utiliza na industria chocolateira como substituto da manteiga de cacao. Composto principalmente de ácido palmítico (2-6%); ácido esteárico (15-25%); ácido oleico (60-70%); ácido linolénico (5-15%); ácido linoleico(<1%). Coñécese sobre todo a esta graxa polas súas propiedades hidratantes polo que é utilizada na composición de numerosos preparados da industria cosmética.
Dá os seus primeiros froitos logo de 15 anos. Malia considerar que acada a idade adulta cara aos trinta anos, xa neste momento pódense obter até 20 quilos de froitos, é dicir 5 quilos de améndoa seca, das cales se obterá aproximadamente 1 quilo de manteiga de carité. Entre os cincuenta e os cen anos de idade obtense a maior cantidade de froitos, o cal dificulta o seu cultivo.