![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1a/Carnabotnet_geovideo_lowres.gif/640px-Carnabotnet_geovideo_lowres.gif&w=640&q=50)
Visualización de datos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A visualización de datos, representación gráfica de datos ou data visualization en inglés (VD) é un campo de estudo interdisciplinario e unha expresión da comunicación visual que consiste na representación visual de datos. Na VD, hai exposición gráfica (tipicamente imaxes e vídeos, mais tamén p. ex. escultura ou aplicacións web) de informacións abstractas con propósitos de atribución de sentido e comunicación.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1a/Carnabotnet_geovideo_lowres.gif/320px-Carnabotnet_geovideo_lowres.gif)
A visualización de datos é o acto de comunicación realizado ao proxectar datos dunha forma gráfica estruturada. Esta proxección é unha ferramenta da análise e ciencia de datos, e úsase para aumentar a usabilidade, facendo os datos máis doados de comprender, acceder e utilizar.
A representación gráfica dos datos emprega diversos elementos visuais como gráficos estatísticos, diagramas, táboas e mapas Por esta razón, de xeito similar á ilustración científica, adoita ser tanto unha disciplina creativa como unha práctica técnica.[1]
Hai boas prácticas para a VD e principios que guían a cognición visual e a percepción. Esta disciplina tamén ten algoritmos e métodos ben establecidos (por exemplo, para obter unha curva de nivel, organizacións conceptuais, diagramas, interactividade etc.)