Visma, A Coruña
parroquia civil do concello da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Pedro de Visma é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2014 tiña 2546 habitantes (1255 mulleres e 1291 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en 10 habitantes relación ao ano anterior. Moitos núcleos da parroquia (como San Roque de Fóra, Labañou, Os Rosales, O Peruleiro etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña, non sendo contabilizados nas estatísticas oficiais de poboación da parroquia a pesar de pertenceren a ela. A parroquia de Visma pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Visma | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Visma | |
Concello | A Coruña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°22′36″N 8°25′56″O |
Poboación | 2.546 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 29[2][1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar