![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0a/Alonso_de_Narvaez_-_Our_Lady_of_Chiquinquira%252C1562.jpg/640px-Alonso_de_Narvaez_-_Our_Lady_of_Chiquinquira%252C1562.jpg&w=640&q=50)
Virxe de Chiquinquirá
advocación mariana de Chiquinquirá, Boyacá, Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Virxe de Chiquinquirá (en wayuu: Santaka Chikinkiraa), tamén coñecida como Nosa Señora do Rosario de Chiquinquirá, é unha das advocacións coas que se venera á Virxe María no catolicismo. Raíña e patroa da República de Colombia. É chamada así polo concello de Chiquinquirá, onde tivo lugar a primeira das súas manifestacións milagrosas.[1] O lenzo de 1562 coa súa imaxe é baixado do seu trono durante o ano xubileo mariano, que é cada sete anos, para desfilar procesionalmente polas rúas da cidade.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0a/Alonso_de_Narvaez_-_Our_Lady_of_Chiquinquira%2C1562.jpg/640px-Alonso_de_Narvaez_-_Our_Lady_of_Chiquinquira%2C1562.jpg)
En Colombia o 3 de xullo de 1986 o papa Xoán Paulo II visitou a Basílica da Nosa Señora do Rosario de Chiquinquirá e pregou pola paz de Colombia aos pés da Virxe María.[2] O 9 de xullo de 1999 o lenzo visitou a cidade de Bogotá para presidir a oración pola paz. En agosto e setembro de 2017 fíxoo de novo con gallo da visita do papa Francisco a Colombia.[3]
En Venezuela, a súa imaxe aparece vívida na Basílica da Nosa Señora de Chiquinquirá (Maracaibo) onde acoden milleiros de peregrinos, non só o día da súa festa patronal o 18 de novembro, senón todos os domingos, cando se celebran as misas, seguidas de entusiastas procesións. Ademais, é a patroa de Zulia, do concello de Maracaibo e da Garda Nacional Bolivariana, compoñente da Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB).