Vilobí d'Onyar
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Vilobí d'Onyar é un municipio da provincia de Xirona, en Cataluña, que pertence á comarca da Selva. Forma parte da área urbana da cidade de Xirona e ademais da capital municipal inclúe os núcleos de Salitja e Sant Dalmai.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Ámbito funcional territorial | Comarques Gironines | ||||
Comarca | Selva | ||||
Capital | Vilobí d'Onyar (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.278 (2023) (100,55 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 111 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 32,6 km² | ||||
Bañado por | Río Onyar | ||||
Altitude | 122 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Joan Pagès Aregay (pt) (–2023, 2023) Lluís Salvi Camps (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 17185 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 17233 | ||||
Código territorial IDESCAT | 172333 | ||||
Páxina web | vilobidonyar.cat |
A súa orixe remóntase á época de romanización do territorio, xa que preto da vila pasaba unha importante comunicación romana, a Vía Augusta. Os restos arqueolóxicos atopados na zona son da época do Paleolítico Medio. A primeira documentación escrita aparece no ano 882 co nome de Villa Albini. Un dos seus personaxes máis destacados foi o remensa Pere Antoni que participou na crise da pagesia catalá no século XV. O crecemento da poboación mantívose constante dende a segunda metade do século XIX ata a década de 1980, cando o desenvolvemento urbano comezou a ser moi importante.
1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 2000 | 2013 |
---|---|---|---|---|---|---|
1.103 | 1.680 | 1.665 | 1.562 | 1.808 | 2.223 | 3.108 |
As fontes máis destacadas de ingresos na localidade eran a gandería e a agricultura, que evolucionou da tradicional cando se iniciou a mecanización dos traballos do campo. Para potenciar o turismo realízanse varias iniciativas como a Feira da Botifarra dolça ou a Feira do leite. A construción do Aeroporto de Xirona-Costa Brava, en 1967 no concello, transformou a súa economía, xa que é o punto de chegada de milleiros de turistas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilobí d'Onyar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.