Vilanova, A Pobra de Trives

parroquia civil do concello da Pobra de Trives From Wikipedia, the free encyclopedia

Vilanova, A Pobra de Trivesmap

Santa María de Vilanova e unha parroquia que pertence ó concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. En 2011, segundo o IGE, tiña 59 habitantes (34 homes e 25 mulleres).

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Vilanova
Thumb
Aldea da Pereira
ConcelloA Pobra de Trives[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°20′02″N 7°16′13″O
Poboación47 hab. (2019)
Entidades de poboación4[1]
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar
Thumb
Ara de Vilanova.
Thumb
Placa cun poema de Pablo Pérez na igrexa.

Patrimonio

No adro da igrexa parroquial hai unha ara romana de grandes dimensións, dedicada a Xúpiter, que data do século II.[2] A ara está modelada con grecas en tres das súas caras superiores e posúe unha inscrición cuxo desenvolvemento total de lectura sería: "SEVERVS, FL / AVINI FIL(IVS) / IOVI OP(TIMO) MA(XIMO) / V(OTUM) L(IBENS) S(OLVIT) M(ERITO)".

O souto de Vilanova ten castiñeiros centenarios. O poeta Pablo Pérez, natural de Vilanova, publicou no seu libro Sementeira de Soños un poema adicado ao souto, "Elexía por un souto".

Feiras e festas

A primeira fin de semana de febreiro, coincidindo coas festas patronais das Candelas e San Brais, celébrase a festa do chourizo. O sábado pola tarde a xente asa os chourizos no adro da igrexa e por entre os castiñeiros do souto para asar os chourizos nas fogueiras.

Lugares e parroquias

Lugares de Vilanova

Lugares da parroquia de Vilanova no concello da Pobra de Trives (Ourense)

Escuadrio | A Pereira | Toimiro | Vilanova

Parroquias da Pobra de Trives

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Pobra de Trives

Barrio (San Xoán) | O Castro (San Nicolao) | Cotarós (Santiago) | Cova (Santa María) | A Encomenda (Santo Antonio) | Mendoia (Nosa Sra. da Concepción) | Navea (San Miguel) | Pareisás (Santo Antonio) | Pena Folenche (Santa María) | Pena Petada (Santo Estevo) | Piñeiro (San Sebastián) | A Pobra de Trives (Sto. Cristo da Misericordia) | San Lourenzo de Trives (San Lourenzo) | San Mamede de Trives (San Mamede) | Sobrado (San Salvador) | Somoza (San Miguel) | Trives (Santa María) | Vilanova (Santa María) | Xunqueira (San Pedro)

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.