From Wikipedia, the free encyclopedia
Viktor Alekseevich Zubkov (en ruso: Виктор Алексеевич Зубков), nado en Arbat (Sverdlovsk) o 15 de setembro de 1941, é un economista, home de negocios e político ruso que foi presidente do goberno de setembro de 2007 a maio de 2008 e primeiro vicepresidente de Vladimir Putin durante a presidencia de Dmitrii Medvedev.
Zubkov era director do Servizo Federal de Supervisión Financeira ata o 12 de setembro de 2007 cando o presidente Vladimir Putin o elixiu para substituír o primeiro ministro Mikhail Fradkov, o cal cesara ese día.[1][2] A Duma aprobou a elección o 14 de setembro de 2007. O 7 de maio de 2008 segundo indica a Constitución de Rusia dimitiu o gabinete pola inauguración do mandato do presidente de Rusia. Logo Putin designouno como primeiro vicepresidente do seu goberno.
Zubkov é tamén o presidente do consello de administración de Gazprom.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.