![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7e/Victoria_Claflin_Woodhull_by_Mathew_Brady_-_Oval_Portrait.jpg/640px-Victoria_Claflin_Woodhull_by_Mathew_Brady_-_Oval_Portrait.jpg&w=640&q=50)
Victoria Woodhull
sufraxista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Victoria Claflin Woodhull, máis tarde coñecida como Victoria Woodhull Martin, nada o 23 de setembro de 1838 e finada o 9 de xuño de 1927, foi unha líder do movemento polo sufraxio feminino nos Estados Unidos.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (en) Victoria California Claflin Woodhull Blood Martin ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Victoria California Claflin ![]() 23 de setembro de 1838 ![]() Homer, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Morte | 9 de xuño de 1927 ![]() Bredon, Reino Unido (en) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Tewkesbury (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Estados Unidos de América ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | corredora de bolsa , xornalista , activista polos dereitos das mulleres , política , sufraxista , editora literaria , escritora ![]() |
Partido político | Equal Rights Party (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | John Martin (1883–1897), morte do cónxuxe James Blood (1866–1876) Canning H. Woodhull (1853–1865), divorcio |
Fillos | Byron Woodhull (en) ![]() ( ![]() ![]() Zula Maud Woodhull (en) ![]() ( ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Tennessee Celeste Claflin ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
En 1872, Woodhull converteuse na primeira muller en presentar a súa candidatura para a presidencia dos Estados Unidos. Ademais do seu labor como activista a prol dos dereitos das mulleres e das reformas laborais, Woodhull apoiaba o amor libre, que para ela significaba ter liberdade para casar, divorciarse e ter fillos sen a interferencia do goberno.
Woodhull pasou dúas veces da pobreza á riqueza: a primeira vez, cultivou un grande éxito grazas ó seu traballo coa magnetoterapia, e a segunda vez, na década de 1870, logo de unirse ó movemento espiritualista, fixo unha fortuna como corredora de bolsa en Nova York.[1][2] Aínda que a autoría de varios dos seus artigos está en disputa (algúns dos seus escritos e discursos foron colaboracións entre ela, os seus axudantes e o seu segundo esposo, o coronel James Blood), o seu rol como representante dos movementos sociais polo voto feminino e demais causas a prol dos sectores desfavorecidos foi moi poderoso.[3] Xunto coa súa irmá Tennessee Claflin, foi a primeira muller que operou unha financeira en Wall Street, e ambas foron das primeiras mulleres que fundaron un xornal, Woodhull & Claflin's Weekly, que comezou a publicarse en 1870.[4]
A principios da década de 1870, na súa etapa política máis activa, Woodhull adquiriu notoriedade como a primeira muller que presentou a súa candidatura para a presidencia dos Estados Unidos, como representante do partido Equal Rights, que avogaba polo sufraxio feminino e a igualdade de dereitos. Días antes das eleccións, foi acusada de obscenidade por publicar un artigo sobre o suposto romance adúltero entre o prominente ministro Henry Ward Beecher e Elizabeth Tilton e arrestada, o que sumou unha gran cobertura nos medios á súa candidatura. Non recibiu votos electorais e non se sabe con seguridade se obtivo algún voto popular.
As reformas e os ideais de Woodhull para a clase traballadora, en contraposición ó que ela vía como a elite corrupta e capitalista, eran moi controvertidos e extremistas na súa época. Varias xeracións despois, moitas destas reformas foron implementadas e algunhas das súas ideas e suxestións aínda están en debate.