político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Vicente Sola Regido, nado en Castrelo do Val e finado en Caldeliñas (Verín) o 11 de agosto de 1918, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Castrelo do Val, España |
Morte | 11 de agosto de 1918 Caldeliñas, España |
Causa da morte | homicidio |
Alcalde de Verín | |
1914 – 1917 ← Mariano Diéguez Amoeiro | |
Alcalde de Verín | |
1899 – 1909 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Emigrante retornado, ao seu regreso foi presidente do Partido Conservador de Verín, era o representante no distrito de Luis Espada Guntín. Foi secretario do concello de Verín (1892). Foi nomeado alcalde de Verín en 1899. Volveu ser alcalde en 1914. Foi asasinado no balneario de Caldeliñas o 11 de agosto de 1918. Do asasinato foron acusados Francisco Núñez Estévez (quen alegou que o fixera por vinganza pois Vicente Sola obrigárao a ir ao servizo militar indebidamente, perseguiuno con cotas excesivas de consumos e vexouno publicamente) e Miguel Salgado, que foron xulgados do 5 ao 7 de abril de 1922, nun sonoro proceso en Verín.
Predecesor: ? |
Alcalde de Verín 1899 - 1909 |
Sucesor: ? |
Predecesor: Mariano Diéguez Amoeiro |
Alcalde de Verín 1914 - 1917 |
Sucesor: Antonio Rodríguez Ogando |
Casou con María Armas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.