Viburno
xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Os viburnos son plantas do xénero Viburnum, un xénero de fanerógamas con 150-175 especies de arbustos ou (en poucas especies) pequenas árbores que estaban anteriormente incluídos na familia Caprifoliaceae. Os tests xenéticos efectuados polo sistema APG II amosan que están correctamente clasificados na familia Adoxaceae.[1]
Viburnos (xénero Viburnum) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
'Viburnum opulus (Guelder Rose) - from Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz 1885 | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
véxase no texto |
Son nativos das rexións temperadas do Hemisferio Norte, cunhas poucas especies distribuídas nas zonas montañosas tropicais de América do Sur, sueste de Asia. En África, o xénero está confinado nas montañas do Atlas.
As follas son opostas, simples e enteiras, dentadas ou lobuladas, nas rexións frías son caducas, mentres que nas rexións temperadas son perennes.
As flores prodúcense en corimbos de 5–15 cm de ancho, con flores brancas, beixes ou rosas de 3–5 mm de diámetro con cinco pétalos. O froito é unha drupa esférica de cor avermellada ou púrpura que contén unha soa semente que son o alimento dos paxaros e outros animais bravos.
Viburno nome galego do latín Viburnum: nome xenérico do nome clásico latino dunha especie deste xénero, Viburnum lantana, chamada a "árbore camiñante".[2]
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.