![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/38/Millau_et_Viaduc.jpg/640px-Millau_et_Viaduc.jpg&w=640&q=50)
Viaduto de Millau
ponte preto da cidade Millau (Francia), a máis alta do mundo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Viaduto de Millau (en francés le Viaduc de Millau) é a ponte máis alta do mundo, acada os 343 m no seu punto máis alto. Localízase preto da cidade Millau (Francia) e salva o val do río Tarn ó longo de 2460 m sobre 7 piares de formigón.
Datos rápidos Localización, Coordenadas ...
Viaduto de Millau | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
Coordenadas | 44°04′46″N 3°01′20″L |
Río | Val do río Tarn |
Concello | Millau - Creissels |
Provincia | Aveyron, Francia |
Características | |
Construción | 2004 |
Lonxitude | 2460 m |
Ancho | 32 m |
Gálibo | 343 m |
Tipo | Tirante |
Material | Formigón armado e aceiro |
Pechar
Forma parte da autoestrada francesa A75 e foi inaugurado o 14 de decembro do 2004 despois de 36 meses de construción. Preto de 3.000 persoas traballaron neste proxecto, que custou cerca 400 millóns de euros.
O viaduto foi deseñado polo prestixioso arquitecto inglés Norman Foster (Foster and Partners) e polo enxeñeiro francés Michel Virlogeux. No 2006 a obra foi premiada pola Asociación Internacional de Enxeñeiros de Pontes e Estruturas (IABSE).[1]