![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/Portada_Flora_de_Galicia.jpg/640px-Portada_Flora_de_Galicia.jpg&w=640&q=50)
Vexetación de Galicia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A vexetación de Galicia, ou flora de Galicia, caracterízase pola súa heteroxeneidade, con especies arbóreas entre a que se atopan carballos, abeleiras, bidueiros, sobreiras, aciñeiras, piñeiros, acacias, salgueiros, loureiros, pradairos, freixos, eucaliptos, ou érbedos, por mor de que esta vexetación se atopa en lugares de confluencia dos dous tipos de clima de Galicia, o oceánico ou atlántico e o mediterráneo.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6b/Tipo_de_vegetaci%C3%B3n_en_las_Islas_C%C3%ADes_%28Galicia%29.jpg/640px-Tipo_de_vegetaci%C3%B3n_en_las_Islas_C%C3%ADes_%28Galicia%29.jpg)
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/Portada_Flora_de_Galicia.jpg/640px-Portada_Flora_de_Galicia.jpg)
O bosque orixinal ou primario galego é a fraga, e a árbore por excelencia o carballo, que forma carballeiras.
Os bosques de ribeira vense dominados polo ameneiro, acompañado de salgueiros, freixos e bidueiros.
Nas zonas altas son abundantes as matogueiras: uceiras, toxos e xestas dominan estas formacións polo xeral.
A acción do home modificou a paisaxe galega dende a antigüidade coa agricultura. Coa introdución de especies exóticas dende hai uns 150 anos, principalmente piñeiros e eucaliptos, as formacións galegas mudaron moito. Os incendios forestais son un problema engadido que favorece a perda de biodiversidade.
En xeral a vexetación existente nun territorio depende das características de tres factores, o solo, o clima e a acción antrópica.
Galicia caracterízase polo predominio de substratos acedos e de cursos de augas oligótrofas, así como pola oceaneidade do clima e a escasa incidencia do período de seca estival, aínda que esta aumenta progresivamente de norte a sur.