From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrea di Michele di Francesco de Cioni, máis coñecido como Andrea del Verrocchio, nado en Florencia entre 1434 e 1437 e finado en Venecia no ano 1488, foi un escultor e pintor italiano. Foi un artista polifacético, porque ademais da escultura e a pintura, practicou a ourivaría e a música e mesmo estivo interesado nas matemáticas. O seu traballo foi influenciado polas últimas obras escultóricas de Donatello. O seu obradoiro era xa plenamente renacentista.
Nome orixinal | Andrea di Michele di Francesco de Cioni |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Andrea di Michele Cioni c. 1435 Florencia, Italia |
Morte | 7 de outubro de 1488 (52/53 anos) Venecia, Italia |
Grupo étnico | Pobo italiano |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Florencia Pistoia (pt) Orvieto (pt) Venecia |
Ocupación | pintor (década de 1460–), arquitecto, músico, debuxante arquitectónico, tallador de imaxes, orfebre, escultor, bronze sculptor (en) |
Empregador | Desiderio da Settignano (pt) |
Xénero artístico | Retrato, arte sacra, nudez na arte, figura e arte animal (pt) |
Movemento | Renacemento italiano e Renacemento |
Profesores | Giuliano Verrochi (en) e Donatello |
Alumnos | Leonardo da Vinci, Lorenzo di Credi (pt) , Pietro Perugino, Domenico Ghirlandaio, Francesco Botticini (pt) e Sandro Botticelli |
Compañeiro profesional | Desiderio da Settignano (pt) |
Mecenas | Medici |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Andrea del Verrocchio, 75) Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.45, Andrea Verrocchio pittore, scultore et architetto) Schilderboeck (pt) , (sec:T'leven van Andries Verrocchio, Schilder, Beeldt-snijder, en Bouwmeester, Florentijn., M135) |
Naceu en Florencia entre 1434 e 1437, na parroquia de Sant'Ambrogio (a súa casa natal sitúase hoxe entre a Vía dell'Agnolo e a Vía de' Macci). A súa mai, Gemma, tivo oito fillos, dos que Andrea era o quinto. O pai, Michele di Cione, era fabricante de tellas, e máis recadador de impostos. Andrea non casou nunca, mais axudou a algúns dos seus irmáns e irmás. O seu irmán Simone foi monxe en Vallombrosa e chegou a ser abade de igrexa de San Salvi. Outro irmán foi obreiro téxtil e unha das irmás casou cun barbeiro.
A fama de Andrea medrou cando foi acollido na corte dos Medici, para a cal traballou até poucos nos antes de morrer, cando decidiu marchar para Venecia, aínda que mantivo o seu obradoiro florentino. Comezou o seu traballo como ourives no taller de Giuliano Verrocchi, do que seguramente Andrea colleu o sobrenome polo que é aínda hoxe coñecido. O seu primeiro contacto coñecido coa pintura remonta ao ano 1460, cando traballou en Prato, con Fra Filippo Lippi, no coro do Duomo desa cidade.
O primeiro documento que o cita procede do ano 1452, é involúcrao nunha rifa na que resultara ferido un home polo mesmo artista.
Das súas pinturas apenas ha algunha na que non se vexa a man doutros artistas que traballaran no seu taller, como Il Perugino, Lorenzo de Credi, Leonardo da Vinci,...
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Andrea del Verrocchio |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.