From Wikipedia, the free encyclopedia
Constance Frances Marie Ockelman, nada en Nova York o 14 de novembro de 1922 e finada en Burlington (Vermont) o 7 de xullo de 1973, foi unha actriz estadounidense coñecida como Veronica Lake.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Constance Frances Marie Ockelman 14 de novembro de 1922 Brooklyn, Estados Unidos de América |
Morte | 7 de xullo de 1973 (50 anos) Burlington, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Hepatite insuficiencia renal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Miami High School (en) Universidade McGill (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de televisión , modelo , actriz de teatro , aviadora , actriz de cinema |
Período de actividade | 1939 - 1970 |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | André de Toth (1944–1952) John S. Detlie (1940–1943) |
Premios | |
|
Despois de varias mudanzas, a familia marchou a Beverly Hills en 1938, onde Veronica comezou a estudar interpretación. Os seus primeiros papeis no cinema foron como extra, sendo o seu primeiro filme Sorority House, de John Farrow, que foi quen notou que o seu cabelo sempre cubría o seu ollo dereito. Destacou por primeira vez nun pequeno papel en Forty Little Mothers e conseguiu un contrato coa Paramount Pictures.
A partír de entón participou en filmes moi populares, sendo nuns anos da década de 1940 unha das actrices máis comerciais de Hollywood. Especialmente coñecidos foron os seus traballos con Alan Ladd, co que a emparellaron debido a curta estatura de ambos.
Durante a segunda guerra mundial o goberno pediulle que cambiase o seu peiteado para axudar a que as mulleres que estaban a traballar nas fábricas levasen un peiteado máis práctico e seguro. Aínda que se reduciron os accidentes tamén decaeu a carreira cinematográfica de Lake.
Durante a súa carreira tivo fama de ser complicado traballar con ela e a mediados da década de 1940 comezou a abusar do alcohol. En 1948 a Paramount decidiu non renovar o seu contrato. En 1951 apareceu nun último filme e ese mesmo ano ela e o seu marido, André de Toth, declaráronse en bancarrota. Lake fixo algúns traballos no teatro e na televisión.
Tras o seu divorcio, viviu en hoteis baratos de Nova York e foi arrestada varias veces por embriaguez. En 1962 un xornalista do New York Post descubriuna traballando de camareira nun hotel de Manhattan.
En 1969 publicou a súa autobiografía, Veronica: The Autobiography of Veronica Lake. Co diñeiro gañado con ela produciu o seu último filme, unha película de terror de pouco orzamento titulada Flesh Feast.
Finou en 1973 de hepatite aguda e dano renal.
Ano | Filme |
---|---|
1939 | Sorority House |
1939 | The Wrong Room |
1939 | Dancing Co-Ed |
1939 | All Women Have Secrets |
1940 | Young as You Feel |
1940 | Forty Little Mothers |
1941 | I Wanted Wings |
1941 | Hold Back the Dawn |
1941 | Sullivan's Travels |
1942 | This Gun for Hire |
1942 | The Glass Key |
1942 | I Married a Witch |
1943 | So Proudly We Hail! |
1944 | The Hour Before the Dawn |
1945 | Bring on the Girls |
1945 | Out of This World |
1945 | Hold That Blonde |
1946 | Miss Susie Slagle's |
1946 | The Blue Dahlia |
1947 | Ramrod |
1948 | Saigon |
1948 | The Sainted Sisters |
1948 | Isn't It Romantic? |
1949 | Slattery's Hurricane |
1951 | Stronghold |
1966 | Footsteps In the Snow |
1970 | Flesh Feast |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Veronica Lake |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.