Vermilingües
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos vermilingües (Vermilingua) é unha suborde de mamíferos placentarios da orde dos pilosos, que son coñecidos vulgarmente como osos formigueiros,[1] ou tamanduás.[2]
Vermilingües Vermilingua Osos formigueiros | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Oso formigueiro xigante (Myrmecophaga tridactyla) no zoo de Aalborg, Dinamarca | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
Propios do sueste mexicano, América Central e Suramérica, a suborde comprende tan só catro especies viventes, repartidas en dúas familias, a dos ciclopédidos e a dos mirmecofáxidos. Son o oso formigueiro xigante (Myrmecophaga tridactyla), que mide 1,80 m de lonxitude (contando a cola), as dúas especies do xénero Tamandua (T. tetradactyla e T. mexicana), que miden uns 90 cm, e o oso formigueiro pigmeo (Cyclopes didactylus) de tan só 35 cm de longo.
Están emparentados cos preguiceiros, cos que comparten a orde dos pilosos, pero a súa alimentación é basicamente a base de formigas e térmites, ao que deben o seu nome.
A suborde describiuna en 1811 o zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.[3]
O termo do latín científico Vermilingua deriva do elemento Vermi-, do latín vermis, "verme" (xenitivo vermiis) e lingua, "lingua". Literalmente: "os que teñen a lingua en forma de verme.
O sinónimo tamanduá procede do tupí-guaraní tamanduá, que significa "comedor de formigas", é dicir, "oso formigueiro".[4]
A suborde dos vermilingües divídese en dúas familias que comprenden diversos xéneros, varios deles extintos.[5] Só se sinalan os xéneros e especies actuais.
Suborde Vermilingua Illiger, 1811
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.