Veiga, Culleredo
parroquia civil do concello de Culleredo / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Silvestre de Veiga[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 382 habitantes (199 mulleres e 183 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 377 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Veiga.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Veiga | |
---|---|
Estación de Bregua na antiga liña de FF.CC. A Coruña-Vigo. | |
Concello | Culleredo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′18″N 8°23′19″O |
Área | 8,75 km² |
Poboación | 383 hab. (2020)[2] |
Densidade | 43,77 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
En Veiga está situada a antiga estación de Bregua que posteriormente foi apeadoiro de Renfe. O 27 de abril de 2006 deixaron de pasar trens por Bregua.