Vehículo anfibio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un vehículo anfibio (ou, simplemente, anfibio), é un vehículo que pode operar tanto en terra como na auga (mares, lagos, ríos) feito polo que recibe o cualificativo (o nome) de anfibio.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8a/%22Drozd%22_amphibious_vehicle_during_the_%22Armiya_2020%22_exhibition_%28front_view%29.jpg/640px-%22Drozd%22_amphibious_vehicle_during_the_%22Armiya_2020%22_exhibition_%28front_view%29.jpg)
A definición aplícase tanto a vehículos terrestres como marítimos, e de calquera envergadura, tanto con motor como sen el, incluíndo bicicletas, automóbiles, barcos, aeroescorregadores, hidroavións dotados de tren de aterraxe e capaces, por tanto, de aterrar nunha pista convencional.
Teñen especial relevancia os vehículos militares de asalto anfibio pola súa capacidade para transportar tropas de asalto de infantaría, xunto co seu material, e desembarcalas en terra sen a necesidade dun peirao ou porto practicábel.
Estritamente, os vehículos militares anfibios foron desenvolvidos e perfeccionados especialmente durante e a partir da segunda guerra mundial, e máis en concreto polas potencias belixerantes implicadas na Guerra do Pacífico (1941-1945), como o Xapón e os Estados Unidos.
Este foi un feito derivado da experiencia na Guerra anfibia da primeira guerra mundial, e da necesidade de perfeccionar esta arte.[2] Tanto é así que as lanchas LCVP (da siglas en inglés de Landing Craft, Vehicle, Personnel) chegaron a seren consideradas como a arma máis importante da segunda guerra mundial pola súa capacidade de manter un continuo abastecemento e refresco de tropas.[3]