Variedade do castelán dos catalanófonos
variedade da lingua castelá falada nos territorios de fala catalá / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua castelá é amplamente falada na maioría dos territorios catalanfalantes, onde amosa trazos e características produto do contacto coa lingua catalá. Estes territorios son Cataluña, a Comunidade Valenciana (agás algunhas áreas interiores que só son castelanfalantes), as Illas Baleares, Andorra, e a franxa de Aragón. Este contacto lingüístico é aínda maior polo feito de que case tódolos falantes de catalán son bilingües co castelán en maior ou menor medida. Algúns dos trazos morfosintácticos do catalán son transferidos de xeito inconsciente por algúns falantes cando falan en castelán. En moitos falantes cuxa lingua nai é o catalán tamén existen certas influencias na realización alofónica de certos sons, o que informalmente se coñece como parte do "acento catalán".