Valeriano
emperador romano entre 253 e 260 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Caius Publius Icinius Valerianus, emperador romano entre os anos 253 a 260. De familia senatorial e el mesmo senador, ocupara importantes cargos cos emperadores precedentes, como censor con Decio e gobernador do baixo Rhin con Treboniano Galo. Foi precisamente o emperador Treboniano Galo quen lle pediu a súa axuda para loitar contra do gobernador Emiliano, a quen as súas tropas nomearan emperador.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 200 |
Morte | década de 260 (59/69 anos) Bishapur (en) |
Causa da morte | valor descoñecido |
Emperador romano | |
outubro de 253 – 260 ← Emiliano – Galieno → | |
Senador romano | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de tempo | Alto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano |
Familia | |
Familia | Valerian dynasty (en) |
Cónxuxe | Mariniana Cornelia Gallonia |
Fillos | Galieno () Mariniana (pt) Valeriano Menor (pt) () Cornelia Gallonia (en) |
Valeriano non aceptaba este nomeamento, e continuou cara a Italia. Pouco antes de se enfrontar, preto de Spoleto, na Umbría, as tropas de Emiliano, e vendo a superioridade numérica das tropas de Valeriano, quitáronlle a vida o emperador Emiliano, xuntáronse coas tropas de Valeriano e nomeáronno emperador.
Non tivo ningún problema en ser recoñecido, xa que o Senado considerábao un dos seus, xa que era senador e de familia senatorial. Unha das súas primeiras medidas foi nomear augustus o seu fillo Publio Licinio Galieno.