río de Europa From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rin[1] (Rhein en alemán, Rhin en francés, Rijn en neerlandés, Rain en retorrománico) é un dos ríos máis longos e importantes de Europa, con 1238 km e un caudal de 2300 m³/s. Atravesa Europa de sur a norte, desembocando no mar do Norte.
Rin | |
---|---|
Fervenzas en Schaffhausen. | |
País | Suíza Austria Liechtenstein Francia Alemaña Países Baixos |
Nacemento | Alpes (Suíza) |
Altitude | 2344 msnm |
Lonxitude | 1238 km |
Caudal medio | 2300 m³/s |
Desembocadura | Mar do Norte (Países Baixos) |
O nome Rin é de orixe celta e significa fluír (como en grego antigo 'rheīn'=fluír). Xunto co Danubio, o Rin constituía a maior parte da fronteira setentrional do Imperio Romano. Os romanos chamaban o río co nome de Rhenus. Desde esa época o Rin é un curso de auga moi usado para o transporte e o comercio.
Nace nos Alpes, no leste de Suíza, no cantón de Grisons (ou Graubünden en alemán) e é o resultado da confluencia de dous ríos, o «Rin anterior» e o «Rin posterior». Desauga no mar do Norte mesturando as súas augas coas do río Mosa no gran delta. Atravesa ou acompaña seis países: Suíza, Austria, Liechtenstein, Alemaña, Francia e os Países Baixos. Constitúe a fronteira natural entre Suíza e Liechtenstein, entre Alemaña e Suíza e entre Alemaña e Francia.
Nos Países Baixos, o Rin divídese para formar un delta:
Esta característica de fronteira nacional é relativamente recente, con excepción do período durante o cal o Imperio romano o transformou nunha barreira ao norte contra os bárbaros, cunha fronteira (limes) enchida de fortificacións, como Colonia ou Estrasburgo. Entre a caída do Imperio romano e a conquista da Alsacia por Lois XIV, o Rin era parte do mundo xermánico, que o denominaba Vater Rhein, o Rin paternal.
Con 14.000 á 17.000 anos de idade, as cataratas do Rin teñen unha altura de 23 metros (desnivel total de 33 metros) e unha largura de 150 metros, cun fluxo medio de 373 m³/s.
O fluxo medio anual na fronteira franco-alemá é de 1.240 m³/s, en Estrasburgo de 1.080 m³/s, e en Basilea de 1062 m³/s. A maior seca foi de 202 m³/s, e a maior enchente de 5.700 m³/s.
Os principais afluentes do Rin, por orde de confluencia desde o nacemento ata a desembocadura, son:
Entre Basilea e o seu estuario, o Rin atravesa unha das zonas máis densamente poboadas da Europa occidental, historicamente rica en comercio e trocas. O Val do Rin tamén foi o berce dunha das principais rexións da Revolución Industrial, a rexión do Ruhr, que se beneficia dunha importante reserva de recursos minerais, de fácil acceso e favorábeis ao desenvolvemento da industrialización.
Desde a «Convención de Mannheín» de 1868, o Rin considérase unha rexión de "augas internacionais" da última ponte da Basilea até o mar do Norte, asegurándolle a Suíza un acceso libre ao mar. A sede da Comisión central pola Navegación do Rin está en Estrasburgo. Fundada en 1815 durante o Congreso de Viena, é a máis antiga organización internacional.
En 2000, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura (UNESCO) inscribiu os 65 km do Val Medio do Rin na lista do Patrimonio da Humanidade, xuntamente co rochedo da Lorelei, preto da cidade de Saint-Goar, en Alemaña.
O Rin deu o seu nome aos dous departamentos franceses da rexión de Alsacia:
Dá tamén o seu nome a dous Estados de Alemaña:
O curso do Rin está afectado por diversos canais, de varias naturezas, que discorren paralelos (o gran canal da Alsacia) ou que o unen co curso doutros ríos (o Canal Saint-Symphorien que o une co Ródano-Saona).
Comezou a construírse no ano 1920 no lado francés da Alsacia, o que permitiu a este país construír no seu territorio centrais hidroeléctricas e presas. Estas construcións fixeron baixar ostensibelmente o caudal do río e que o río Rin pasase a ser un dos máis contaminados do continente europeo, como consecuencia en 1935 o salmón desapareceu das súas augas.
Grazas ó labor conxunto dos países polos que trascorre o río este recobrou parte da súa pureza e o salmón ao igual que algunha outra especie volve ter presenza nel.
Comezou a construírse despois da segunda guerra mundial e rematouse en 1993. Con 677 quilómetros de lonxitude percorre a parte meridional de Alemaña, esténdese polo Estado federado de Baviera dende Aschaffenburg ata as proximidades da fronteira con Austria. Pasa polos vales dos ríos Meno, Regnitz e Altmül, permitindo a navegación ata o Danubio e polo tanto ata o Mar Negro dende o Mar do Norte.
«Toda a historia de Europa (...) está resumida neste río de guerreiros e de pensadores, nesta onda inmensa que sacode Francia, neste murmurio profundo que fai soñar a Alemaña. O Rin reúne todo [2]» Le Rhin, Victor Hugo, 1842.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.