emisora de televisión galega From Wikipedia, the free encyclopedia
V Televisión foi unha cadea de televisión privada, fundada pola Corporación Voz de Galicia, de difusión en aberto en Galiza a través da TDT. Comezou a emitir en probas dende o 9 de marzo do 2010 cunha mira de axuste. Nas primeiras medicións de audiencia, a porcentaxe correspondente a este cadea foi do 0,3 %.[1]
V Televisión | |
---|---|
Inicio das emisións | 30 de maio de 2010 |
Fin das emisións | 1 de xaneiro de 2018 |
Propiedade de | Corporación Voz de Galicia |
Formato da imaxe | 576i (SDTV 16:9) |
Datos de audiencia | 0,5 % (xullo de 2013, VerTele) |
Slogan | A primeira televisión autonómica privada de Galicia |
País | España |
Lingua | Galego e castelán |
Área de emisión | Galicia |
Sede central | Polígono de Sabón, Arteixo Galicia |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | A Coruña (salvo zona de Santiago): 61 Santiago: 40 Lugo: 59 Ourense: 62 Pontevedra: 58 |
Cable | |
R | Dial 119 |
Na rede | |
Páxina web V Televisión |
Dende decembro do 2016, a Corporación Voz de Galicia empezou a desmantelar a cadea, cancelando o seu programa estrela "Vía V", debido ós problemas económicos que tiña debido a saída dalgúns investidores. Durante o 2017 emitía principalmente teletenda e programa repetidos.[2] Finalmente o 1 de xaneiro de 2018, xusto despois das badaladas, a cadea pasou a negro e deixou de emitir, sen mira de axuste.[3]
A cadea da Voz foi a única televisión autonómica privada de capital galego, e dispoñía da última tecnoloxía. Os sistemas operativos permitían editar contidos de maneira simultánea en radio, televisión e Internet. Ademais, non se operaba con cintas, senón con memoria sólida. Todos os traballadores utilizaban materiais dispoñíbeis en rede e os controis de realización e emisión estarán robotizados. O seu obxectivo era ofrecer unha televisión de alta calidade e centrada nos intereses de Galicia.[4]
Esta canle comezou a emitir en probas o 9 de marzo do 2010 cunha mira de axuste. Nas primeiras medicións de audiencia, a porcentaxe correspondente a esta cadea foi do 0,3 %.[1] A partir de maio de 2010, V Televisión comezou a emitir tamén na compañía de cable R.[5]
A súa grella estivo conformada por programas informativos, faladoiros, debates e programas deportivos, entre outros, ademais de programas que xa eran habituais na emisora do Grupo Voz, Radio Voz. Un dos seus programas máis seguidos foi Vía V, dirixido e presentado pola xornalista Fernanda Tabarés, rodeada dun grupo politicólogos, analistas políticos e comentaristas, de maneira ininterrompida desde o principio, desde a redacción de La Voz de Galicia, onde estaba situado o estudo de gravación do programa.[6]
De luns a xoves, ás 10 da noite e durante máis de dúas horas de directo, o programa tomáballe cada día o pulso á actualidade informativa de Galicia, España e o mundo. Por el pasaron máis de 750 entrevistados, entre eles, algunhas das figuras públicas máis destacadas: Xosé Neira Vilas, Mariano Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Iglesias, Albert Rivera, Alberto Garzón e Xosé Manuel Beiras, entre outros. Os acontecementos máis importantes dos últimos tempos foron contados en tempo real en Vía V, como o accidente de Angrois, a morte de Hugo Chávez ou o contaxio polo virus do Ébola dunha enfermeira galega, así como todas as eleccións municipais, autonómicas, nacionais e europeas que se celebraron desde 2010. En total, máis de 250 persoas pasaron polo programa para analizar a actualidade durante máis de mil programas.[6]
Nos seus últimos anos, a canle centrouse en emitir en horario de máxima audiencia, o resto de horas, salvo algunhas excepcións, emitía teletenda.
No 2019 La Voz de Galicia, a traves da empresa Medios Digitales de Galicia, renunciou á licenza. A Xunta de Galicia volveuna a sacar a concurso mais tivo que declaralo deserto polo falta de ofertas.[7]
A programación de V Televisión era xeralista.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.