Tentando aprender para colaborar.
O meu nome é Xosé Luis Santiso, nado e residente no concello lugués de Antas de Ulla.
Levo na Galipedia (un espazo ao que a todos vimos mamar, pero non sempre traemos un feixiño de herba para que o "bicho" coma mentres o muximos) dende o 2008 aínda que con achegas moi pequeniñas, que espero ir ampliando no futuro. Pido desculpas antes de nada para cando meta a zoca, coa promesa de que hei tentar sacala con elegancia tan axiña como me decate (ou sexa advertido) de tal cuestión.
--Satna (Ti dirás) 19:08, 25 de abril de 2012 (UTC)
![](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/Noia_64_apps_karm.svg/42px-Noia_64_apps_karm.svg.png) |
Este usuario leva 14 anos, 5 meses e 7 días na Galipedia. |
![](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d5/Face-angel.svg/40px-Face-angel.svg.png) |
Este usuario está moi ocupado (...pero ten tempo para colaborar na Galipedia). |
Máis información Información Babel do usuario, gl ...
Pechar