Usuario:Garrote20/Eurovision Song Contest 1961
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival de Eurovisión 1961 foi a 6ª edición do festival de Eurovisión. Por segunda vez o concurso foi feito na cidade francesa de Cannes, cidade na que xa fóra hospedado no 1959. Organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (EUR, polas siglas en galego ou EBU polas súas siglas en inglés) e a televisión anfitrioa local, a RTF siglas en francés para Radiodiffusion-Télévision Française (en galego: Televisión Francesa de Radiodifusión).
Festival de Eurovisión 1961 | |
---|---|
Datas | |
Final | 18 marzo de 1961 |
Anfitrión | |
Lugar | Palais des Festivals et des Congrès Cannes, Francia |
Produtor executivo | Maurice Barry |
Televisión anfitrioa | Radiodiffusion-Télévision Française (RTF) |
Acto(s) intermedio(s) | Tessa Beaumont and Max Bozzoni |
Participantes | |
Participantes | 16 |
Países que debutan | España, Finlandia e Iugoslavia |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Cada país tiña un xurado de 10 membros, cada membro otorgaba un 1 punto a súa canción favorita. |
Canción gañadora | Luxemburgo, "Nous les amoureux" |
Festival de Eurovisión | |
◄1960 1962► |
O concurso foi organizado no "Palais des Festivais et des Congrès" (Pazo de festivais e congresos) o 18 marzo de1961. Foi o primeiro concurso realizado nun sábado polo serán, tradición que continúa ata a actualidade. O espectáculo foi conducido por Jacqueline Joubert, quen tamén conduxera o festival de 1959.
Dezaseis países participaron no concurso, tres máis que na edición anterior. Debutaron no festival a Finlandia, a España e a Iugoslavia.
O gañador foi Luxemburgo coa canción "Nous les amoureux" (Nós, os amigos), interpretada por Jean-Claude Pascal, escrita por Maurice Vidalin, e composta por Jacques Datin.