From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ulster University, oficial e legalmente University of Ulster (Universidade do Ulster)[1], en inglés e Ollscoil Uladh en gaélico irlandés,[2][3] comunmente abreviado como UU,[4] é unha universidade de Irlanda do Norte.
Universidade do Ulster | |
---|---|
Tipo | universidade |
Data de fundación | 1984 |
Organización subsidiaria | Centre for the Study of Conflict |
Sede | Coleraine |
En | Coleraine |
País | Reino Unido e Irlanda do Norte |
55°08′52″N 6°40′20″O | |
Na rede | |
https://www.ulster.ac.uk/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A universidade estableceuse en Coleraine - Cúil Raithin, no condado de Derry, en 1968, despois de que o Informe Lockwood recomendase que se fundase unha segunda universidade no Ulster. O campus está situado na marxe leste do río Bann (Banna en gaélico) e moitos nacionalistas do norte tomaron esa decisión como un insulto, porque pensaban que a universidade debería estar situada en Derrycolmcille, onde o Coláiste Mig Aodha estivo moitos anos antes.[Cómpre referencia]
En 1984, a New Ulster University - Ollscoil Nua Uladh fusionouse coa Surdenstown Polytechnic - Polaiteicníc Bhaile Shiúrdáin e converteuse na Universidade do Ulster (Ollscoil Uladh -University of Ulster).[5]
Liam Ó Dochartaigh e Diarmaid Ó Doibhlin estaban a cargo do Departamento de Irlandés da Universidade ao principio e o famoso lingüista Colmán Ó hUallacháin OFM pasou anos traballando alí, así como algún tempo como xefe de departamento. Mícheál Ó Murchú contribuíu moito ao ensino do irlandés na universidade, e Séamus Mac Mathúna fixo alí a súa propia contribución como profesor de irlandés.
Desde o principio houbo unha boa mestura de estudantes na facultade de todo o Ulster, e aos poucos aumentou o número de estudantes doutras áreas de Irlanda e Gran Bretaña, e doutros países de Europa e máis lonxe, o que se converteu rapidamente nun campus multicultural.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.