Universidade de Cantabria
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Cantabria (UC), fundada como Universidade de Santander, é unha universidade pública situada na comunidade autónoma de Cantabria (España). Ten quince centros distribuídos en tres campus, un localizado en Santander, outro situado en Torrelavega e un terceiro en Comillas. No curso 2015-2016 contaba con 13 454 alumnos, 1 273 profesores e 1 088 persoas en administración e servizos.[1] O seu orzamento para o ano 2016 ascendía a 105 974 462 €.[2] A Universidade de Cantabria obtivo a cualificación definitiva como Campus de Excelencia Internacional polo Goberno de España en decembro de 2014.[3]
Universidade de Cantabria UC | |
---|---|
Escudo da UC | |
Datos xerais | |
Localización | Cantabria |
Datos actuais | |
Reitor | Ángel Pazos Carro |
Alumnos | 13 453 dos que * 9 389 en pregrao * 3 324 en posgrao e * 740 en doutoramento |
Datos de contacto | |
Enderezo | Avenida de los Castros s/n., Santander, Cantabria |
Páxina web | web.unican.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
Forma parte como membro fundador do Grupo 9 de Universidades (G9) españolas, creado en 1997 co obxectivo de promover a colaboración entre as institucións universitarias que o integran, tanto no que respecta ás actividades docentes e investigadoras como ás de xestión e servizos.
Anualmente a UC publica a súa memoria de actividades.[4]