![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a2/University_House_ANU_Canberra_%25282948649223%2529.jpg/640px-University_House_ANU_Canberra_%25282948649223%2529.jpg&w=640&q=50)
Universidade Nacional Australiana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade Nacional Autraliana (en inglés Australian National University) é unha universidade pública radicada en Camberra, Territorio da Capital Australiana. Situada no suburbio de Acton, o campus principal abarca sete colexios de ensinanza e investigación, ademais de varios institutos nacionais.[1] Fundada en 1946, é a única universidade creada polo Parlamento de Australia. Orixinariamente era un centro de investigación de posgrao que comezou a educación de grao en 1960, cando se integrou na Univesidade de Camberra, que fora establecida en 1929 como un campus da Universidade de Melbourne.[2]
Universidade Nacional Autraliana Australian National University | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Localización | Camberra |
Fundación | 1946 |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Nacional Australiana en 2013 contaba con 10 052 estudantes de grao, 10 840 de posgrao e 3 753 empregados de adminiatración e servizos.[3] O orzamento da universidade en 2012 era de 1,13 miles de millóns de dólares australianos.[4]