Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade Internacional de Cataluña (en catalán: Universitat Internacional de Catalunya), coñecida polo acrónimo UIC, é unha universidade privada con sede en Barcelona, Cataluña (España). Ten dous campus, un en Barcelona e outro en Sant Cugat del Vallès. Conta na actualidade con máis de 4.500 alumnos nas 19 titulacións oficiais que ofrece. A taxa de inserción laboral das súas egresados é do 95%, segundo estatísticas oficiais de 2011, a maior porcentaxe do sistema universitario catalán.
Universitat Internacional de Catalunya | |
---|---|
Campus de Barcelona | |
Datos xerais | |
Localización | Barcelona |
Datos actuais | |
Reitor | Pere Alavedra Ribot |
Alumnos | 4.500 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Immaculada, 22 Barcelona |
Páxina web | http://www.uic.cat/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu ideario está baseado no humanismo cristián, e ofrece atención pastoral a través do Servizo de Capellanía, que está encomendado á Prelatura do Opus Dei.
A UIC foi fundada en 1997, e recoñecida polo Parlamento de Cataluña pola Lei 11/1997, de 1 de outubro.
A universidade dispón ademais dunha Clínica Universitaria de Odontoloxía (CUO), aberta ao público.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.