From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade Politécnica de Madrid (UPM), é unha universidade pública con sede na Cidade Universitaria de Madrid e con instalación en varias localizacións de Madrid (Cidade Universitaria, Campus Sur en Vallecas, entre outras) e Boadilla del Monte.
Universidade Politécnica de Madrid | |
---|---|
Escudo da Universidade no Reitorado | |
Datos xerais | |
Localización | Madrid, España |
Datos actuais | |
Reitor | Guillermo Cisneros |
Alumnos | 39 450[1] [cando?] |
Datos de contacto | |
Enderezo | C/ Ramiro de Maeztu, 7 28040, Madrid (España) |
Páxina web | www.upm.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundada en 1971 ao agrupar diversos centros xa centenarios que estaban adscritos a distintos organismos. As súas facultades ou escolas imparten maioritariamente ensinanzas técnicas, xa que na súa creación agrupou estas ensinanzas mentres que as ciencias experimentais e humanidades foron agrupadas na Universidade Complutense de Madrid.
Nos anos 2008, 2009 e 2010 algunhas das súas antigas escolas de enxeñeiros técnicos e escolas superiores, como as de Enxeñarías Aeronáuticas ou de Agrónomos, sufriron un proceso de fusión para adaptarse ás novas titulacións do Espazo Europeo de Educación Superior. Xurdiron novos centros, localizados nos mesmos edificios, pero independentes dos centros existentes.
A UPM foi considerada como a mellor universidade politécnica de España durante os últimos anos na clasificación anual do diario El Mundo.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Actualmente iniciáronse os trámites para o cambio na denominación de oito das Escolas, este proceso consiste en obter o informe pertinente do Consello Interuniversitario da Comunidade de Madrid e a autorización do Consello de Goberno da Comunidade para, solicitar ao Goberno de España a inclusión dos novos nomes no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).
Desde a constitución da universidade, os reitores foron:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.