A Universidade Politécnica de Madrid (UPM), é unha universidade pública con sede na Cidade Universitaria de Madrid e con instalación en varias localizacións de Madrid (Cidade Universitaria, Campus Sur en Vallecas, entre outras) e Boadilla del Monte.

Datos rápidos Datos xerais, Localización ...
Universidade Politécnica de Madrid
Thumb
Escudo da Universidade no Reitorado
Datos xerais
LocalizaciónEspaña Madrid, España
Datos actuais
ReitorGuillermo Cisneros
Alumnos39 450[1] [cando?]
Datos de contacto
EnderezoC/ Ramiro de Maeztu, 7
28040, Madrid (España)
Páxina webwww.upm.es
Twitter: La_UPM Instagram: somosupm Telegram: eventosUPM BNE: XX93822 Dialnet: 819103 Editar o valor en Wikidata
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar
Thumb
Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.
Thumb
Bloque 1 da Facultade de Informática.
Thumb
Instituto de Enerxía Solar.
Thumb
ETS Enxeñeiros de Miñas.
Thumb
Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Thumb
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes de Madrid.
Thumb
Supercomputador Magerit (CeSViMa)

Historia

Foi fundada en 1971 ao agrupar diversos centros xa centenarios que estaban adscritos a distintos organismos. As súas facultades ou escolas imparten maioritariamente ensinanzas técnicas, xa que na súa creación agrupou estas ensinanzas mentres que as ciencias experimentais e humanidades foron agrupadas na Universidade Complutense de Madrid.

Nos anos 2008, 2009 e 2010 algunhas das súas antigas escolas de enxeñeiros técnicos e escolas superiores, como as de Enxeñarías Aeronáuticas ou de Agrónomos, sufriron un proceso de fusión para adaptarse ás novas titulacións do Espazo Europeo de Educación Superior. Xurdiron novos centros, localizados nos mesmos edificios, pero independentes dos centros existentes.

A UPM foi considerada como a mellor universidade politécnica de España durante os últimos anos na clasificación anual do diario El Mundo.

Campus e centros docentes

  • Campus Centro (Centros dentro do casco de Madrid)
    • E.T.S.E. Industriais
    • E.U.E.T. Industrial
    • E.T.S.E. Miñas
    • E.U.E.T. Obras Públicas
  • Cidade Universitaria
    • E.E. Aeronáutica e do Espazo.
    • E.T.S. Arquitectura.
    • E.T.S.E. Aeronáuticos.
    • E.T.S.E. Agrónomos.
    • E.T.S.E. Camiños.
    • E.T.S.E. Navais.
    • E.T.S.E. Montes.
    • E.T.S.E. Telecomunicación.
    • E.U. de Arquitectura Técnica.
    • E.U.E.T. Aeronáutica.
    • E.U.E.T. Agrícola.
    • E.U.E.T. Forestal.
    • Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (INEF)
  • Campus de Montegancedo (Boadilla del Monte)
    • Facultade de Informática
  • Campus Sur (Complexo Politécnico de Vallecas)
    • Centro Superior de Deseño de Moda de Madrid
    • E.U. de Informática
    • E.U.I.T. de Telecomunicación
    • E.T.S.E. en Topografía, Xeodesia e Cartografía

Novas denominacións[2]

Actualmente iniciáronse os trámites para o cambio na denominación de oito das Escolas, este proceso consiste en obter o informe pertinente do Consello Interuniversitario da Comunidade de Madrid e a autorización do Consello de Goberno da Comunidade para, solicitar ao Goberno de España a inclusión dos novos nomes no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).

  • A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Telecomunicación pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería e Sistemas de Telecomunicación.
  • A Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo.
  • A Escola de Enxeñería Forestal e do Medio Natural pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería de Montes, Forestal e do Medio Natural.
  • A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Miñas pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Miñas e Enerxía.
  • A Escola Universitaria de Arquitectura Técnica pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería da Edificación.
  • A Escola Universitaria de Informática pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería de Sistemas Informáticos.
  • A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería e Deseño Industrial.
  • A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Obras Públicas pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería Civil.

Institutos universitarios

  • Instituto de Enerxía Solar
  • Instituto de Fusión Nuclear
  • Instituto de Investigación do Automóbil (INSIA),[3] que leva a cabo o proxecto EPISOL, cuxo obxectivo é o deseño e a fabricación dun vehículo urbano lixeiro con propulsión eléctrica híbrida.[4]
  • Instituto de Microgravidade Ignacio da Riva
  • Instituto de Sistemas Optoelectrónicos e Microtecnoloxía (ISOM)

Centros de I+D

  • Centro de Investigación do Transporte (TRANSYT)
  • Centro láser
  • Centro domótica integral (CeDInt-UPM).[5]
  • Centro de investigación en biotecnoloxía e xenómica de plantas (CBGP)
  • Centro de electrónica industrial (CEI)
  • Centro de estudios e investigación para a xestión de riscos agrarios e medioambientais (CEIGRAM)
  • Centro de investigación en materiais estruturais (CIME)
  • Centro de Innovación en Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano (CITDH)

Outros centros

  • Parque Científico e Tecnolóxico
    • Centro de Supercomputación e Visualización de Madrid, situado na Facultade de Informática. Alberga o supercomputador Magerit, o supercomputador máis potente de España,[6] que forma parte da Rede Española de Supercomputación.

Antigos alumnos célebres

Thumb
Pedro Duque, un antigo alumno da universidade.
  • Pedro Puig Adam (enxeñeiro industrial), enxeñeiro e matemático.
  • Rafael Benítez, INEF, adestrador de fútbol.
  • Josep Borrell (enxeñeiro aeronáutico), presidente do Parlamento Europeo.
  • Casiano de Prado (enxeñeiro de miñas), importantes achegas á xeoloxía.
  • Leopoldo Calvo-Sotelo (enxeñeiro de camiños), expresidente do Goberno.
  • Jaime Caruana (enxeñeiro de telecomunicación), ex Gobernador do Banco de España.
  • Pedro Duque (enxeñeiro aeronáutico), astronauta e Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.
  • Luis de la Escosura y Morrogh (enxeñeiro de minas) Científico, escritor e historiador
  • Javier Gómez Navarro (enxeñeiro industrial), exministro, empresario, e Presidente do Consello Superior de Cámaras de Comercio.
  • Práxedes Mateo Sagasta (enxeñeiro de camiños), Presidente do Goberno de España.
  • José García-Siñeriz (enxeñeiro de miñas), xeofísico con importantes achegas científicas
  • Jaime Lamo de Espinosa (enxeñeiro agrónomo), exministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Premio Rey Jaime I de Economía (1999).
  • Rafael Moneo (arquitecto, premio Pritzker 1996).
  • Víctor Muñoz, INEF, adestrador fútbol, e exfutbolista.
  • Florentino Pérez (enxeñeiro de camiños), presidente do Real Madrid e de ACS.
  • Leonardo Torres Quevedo (enxeñeiro de camiños), inventor.
  • José de Echegaray (enxeñeiro de camiños), matemático, dramaturgo, político. Premio Nobel de literatura 1904.
  • Elena Salgado (enxeñeira industrial), exministra de sanidade e consumo, exministra de Administracións públicas, ex-vicepresidenta segunda do goberno e exministra de economía e facenda.
  • Miguel Fisac (arquitecto), Premio Nacional de Arquitectura de 2003.
  • Rodolfo Martín Villa (enxeñeiro industrial), exministro e ex-vicepresidente primeiro do Goberno.
  • Francisco Javier Sáenz de Oiza (arquitecto), Premio Príncipe de Asturias das Artes 2003.
  • Eduardo Torroja (enxeñeiro de camiños)
  • Amable Liñan (enxeñeiro aeronáutico)

Reitores

Desde a constitución da universidade, os reitores foron:

  • Pío García-Escudero y Fernández de Urrutia (marzo - xullo de 1971)
  • José Luis Ramos Figueras (xullo de 1971 - decembro de 1980)
  • Rafael Portaencasa (decembro de 1980 - xuño de 1995)
  • Saturnino de la Plaza (xuño de 1995 - abril de 2004)
  • Javier Uceda Antolín (abril de 2004 - abril de 2012)
  • Carlos Conde Lázaro (abril de 2012 - 2016)
  • Guillermo Cisneros (desde 2016)

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.