From Wikipedia, the free encyclopedia
A Unión Deportiva Las Palmas, SAD é un club de fútbol español da cidade das Palmas de Gran Canaria, na illa de Gran Canaria, que xoga actualmente na Primeira división española. Estivo 35 tempadas en Primeira División e ostenta a 19.ª posición na Clasificación histórica da Primeira División. O equipo foi subcampión na tempada 1968/69 e xogou a Copa da UEFA en tres ocasións.
Las Palmas | |||
---|---|---|---|
Nome | Unión Deportiva Las Palmas, SAD | ||
Alcume(s) | Amarillos | ||
Fundación | 22 de agosto de 1949 (75 anos) | ||
Estadio | Gran Canaria, As Palmas, España | ||
Inauguración | 2003 | ||
Capacidade | 32.400 | ||
Presidente | Miguel Ángel Ramírez | ||
Adestrador | Luis Carrión | ||
Liga | Primeira División | ||
2022–23 | 2.º | ||
Na rede | |||
http://www.udlaspalmas.es/ | |||
| |||
O club conta con 11.364 socios[1] e ten 38 peñas oficiais.[2]
A Unión Deportiva Las Palmas fundouse o 22 de agosto de 1949 ó fusionarse 5 equipos locais: o Club Deportivo Gran Canaria, o Atlético Club, o Real Club Victoria, o Arenas Club e o Marino F.C.
O club tivo dous himnos oficiais, sendo o segundo o que máis éxito popular obtivo. O primeiro foi composto por José Trunchado e levaba por título "Arriba de ellos". Gonzalo Monasterio (letra) e Peón Real (música) crearon o actual himno da Unión Deportiva Las Palmas, himno que desde un primeiro momento foi ben acollido pola afección amarela. Este himno gañou en Barcelona o terceiro posto no Festival da Canción Deportiva.[3]
O escudo ten como base un fondo de zafiro, no centro o escudo da cidade orlado cos escudos dos cinco equipos fundadores. Entre a coroa e o escudo da cidade unha cinta amarela que leva o nome da entidade, a cidade e o arquipélago ao que representa. Entre a orla dos escudos dos cinco clubs fundadores e o escudo da cidade atópase nunha cinta branca o lema "segura ten a palma".
A Unión Deportiva Las Palmas posúe no seu escudo unha coroa e con todo, non é "real", isto débese a que a coroa foi herdada do Real Club Victoria, club fundador.
O uniforme da Unión Deportiva Las Palmas, quedou establecido desde o inicio da historia do club, coas cores representativas da illa de Gran Canaria, o amarelo e o azul, que fan alusión á "area loura das praias e ao azul ao océano Atlántico".
As Palmas xoga todos os seus partidos oficiais no Estadio de Gran Canaria desde a tempada 2003/04. É o sucesor do Estadio Insular, onde xogou os seus partidos o equipo ata a tempada anterior.
Este campo de xogo, situado no barrio de Siete Palmas, ten unha capacidade de 32.665 espectadores, conta con pistas de atletismo e foi inaugurado o 8 de maio de 2003 cun partido que enfrontou á Unión Deportiva Las Palmas co RSC Anderlecht de Bélxica. O encontro terminou co resultado de 2-1 favorable aos amarelos, con goles de Rubén Castro e Alain Nkong.
As instalacións de Barranco Seco son o lugar habitual de adestramento do primeiro persoal. É un complexo provisto con dous terreos de xogo, un de céspede natural e outro de terra.
|
|
Fundado en 1977. Tras o logro conseguido na tempada 2007-08 ascendendo á Segunda B, na temporada 2008-09 descendeu a Terceira División, onde xoga actualmente.
Ata 2010 existiu tamén un segundo filial, o Las Palmas C.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.