![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6e/Self_driving_Uber_prototype_in_San_Francisco.jpg/640px-Self_driving_Uber_prototype_in_San_Francisco.jpg&w=640&q=50)
Uber
From Wikipedia, the free encyclopedia
Uber Technologies Inc., coñecido habitualmente coma Uber, é unha empresa internacional que se adica a facilitar aos clientes unha rede de transporte privado, a través da súa plataforma de aplicación móbil, a cal conecta aos pasaxeiros cos condutores de vehículos rexistrados no servizo, os caes ofertan un servizo de transporte a particulares. A súa sede atópase en San Francisco, California, e está operativa en numerosas cidades do mundo.[1]
Uber | |
---|---|
![]() | |
![]() ![]() | |
Localización | San Francisco, CA, ![]() |
Persoas clave | Brian Chesky, Joe Gebbia, Nathan Blecharczyk |
Industria | software, Internet, transportes |
Na rede | |
https://www.uber.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A diferenza doutros servizos coma Blablacar, nos que condutores particulares comparten vehículo con outros pasaxeiros para compartires gastos de combustíbel, o servizo de Uber podería establecerse como análogo dos taxis, feito que levou a confrontacións entre a empresa e o colectivo de taxistas en numerosas ocasións.
En 2014, a compañía cesou a súa actividade en España após unha sentenza que declaraba ilegal a súa actividade.[2] Finalmente, o 30 de marzo de 2016 a compañía reanudaría os seus servizos en España, baixo o modelo Uber X, no que a empresa poría en contacto a pasaxeiros con condutores con licenza de taxi VTC.[3]