O uranio-238 (238U ou U-238) é o isótopo máis común do uranio en estado natural, cunha abundancia relativa de 99%. A diferenza do uranio-235 é non-fisible, polo que non pode sustentar unha reacción nuclear en cadea. Porén, é fisible por medio de neutróns rápidos, e é un material fértil, polo que pode transmutarse en plutonio-239 fisible. o uranio-238 non pode sustentar por si só unha reacción en cadea xa que a dispersión inelástica reduce a enerxía de neutróns por debaixo do rango no que é probable a fisión rápida dun ou máis núcleos de seguinte xeración. O ancheamento Doppler da absorción de neutróns do uranio-238 é resoante, incrementando a absorción segundo aumenta a temperatura combustilbe, e é un mecanismo esencial de retroalimentación negativa para o control de reactores nucleares.

Thumb
Mostra de 10 gramos de uranio-238

Ó redor do 99,284% da masa do uranio natural é uranio-238, cunha vida media de 1,41Modelo:E segundos (4,468Modelo:E anos, ou 4 468 000 millóns de anos).[1] Por mor da súa abundancia natural e da súa vida media en relación a outros elementos radioactivos, o 238U produce un 40% da calor radioactiva producida pola Terra.[2] O decaemento do 238U contribúe con 6 electróns anti-neutrinos por decaemento, dando como resultado un sinal xeoneutrino detectable cando os decamentos suceden dentro da Terra.[3]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.