![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2a/1913_Ty_Cobb_portrait_photo.png/640px-1913_Ty_Cobb_portrait_photo.png&w=640&q=50)
Ty Cobb
beisbolista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tyrus Raymond Cobb, nado en Narrows (Xeorxia) o 18 de decembro de 1886[1] e finado en Atlanta o 17 de xullo de 1961, alcumado The Georgia Peach ("O pexego de Xeorxia"), foi un xogador de béisbol estadounidense da Major League Baseball (MLB) na posición de outfielder. Cobb pasou 22 temporadas nos Detroit Tigers, os últimos seis como xogador-xerente do equipo, e rematou a súa carreira cos Philadelphia Athletics. En 1936 Cobb recibiu máis votos que calquera outrao xogador na primeira escolla para o Baseball Hall of Fame, recibindo 222 dun máximo de 226 votos (98,2%); ningún outro xogador recibiu unha porcentaxe de votos tan alta ata Tom Seaver en 1992. En 1999, os editores de Sporting News situaron a Ty Cobb como o terceiro na lista de 100 mellores xogadores de béisbol.[2]
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Tyrus Raymond Cobb ![]() 18 de decembro de 1886 ![]() Narrows, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 17 de xullo de 1961 ![]() Atlanta, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | cancro de próstata ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Xeorxia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 79 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | beisbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 30 de agosto de 1905 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Carreira militar | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Conflito | Primeira guerra mundial ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | béisbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Major League Baseball ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Campista central (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Ty Cobb, Jr. (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nai | Amanda Cobb (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Ty Cobb (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | cmgww.com… ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cobb está recoñecido co establecemento de 90 récords da MLB durante a súa carreira.[3][4][5][6] O seu total combinado de 4065 carreiras marcadas e bateadas (tralo axuste para home runs) é aínda o máis alto producido por calquera outro xogador dunha gran liga. Mantiña tamén varios récords ata 2018, incluíndo a media máis alta de bateo (0,366 ou 0,367, segundo a fonte) e máis títulos de bateo con 11 (ou 12 segundo as fontes).[7] Ademais retivo moitos outros récords durante medio século ou máis.[8][9][10][11][12][13]
O legado de Cobb, que inclúe un gran fondo para bolsas de estudos para residentes de Xeorxia, financiado polos seus investimentos en Coca-Cola e General Motors, en certo modo foi manchado por acusacións de racismo e violencia, que xurdiron dun par de biografías fortemente desacreditadas publicadas despois da súa morte.[14][15] A reputación de Cobb como un home violento foi avivada polo seu primeiro biógrafo, o escritor especializado en deporte Al Stump, as historias do cal foron cualificadas de sensacionalistas e amplamente probadas que son ficticias.[16][17][18][19][20] Mentres era coñecido por ter conflitos ás veces violentos, incluídos con afroamericanos, as actitudes de Cobb sobre a raza experimentou un cambio despois da súa retirada, e falou a favor de que os xogadores negros se unisen ás grandes ligas.[15][21]