![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Tupolev_Tu-154.svg/langgl-640px-Tupolev_Tu-154.svg.png&w=640&q=50)
Tupolev Tu-154
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tupolev Tu-154 (alcumado Careless pola OTAN) é un avión de pasaxeiros ruso, trimotor e de rango medio. Foi deseñado a mediados dos 60 para substituír os Tu-104 e pode dicirse que é o equivalente ruso ao Boeing 727. Fixo o seu primeiro voo en outubro de 1968 e entrou en servizo coa aeroliña Aeroflot en febreiro de 1972.
Tupolev Tu-154 | |
---|---|
![]() Tupolev Tu-154 | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Tupolev |
Primeiro voo | 4 de outubro de 1968 |
Introducido | 9 de febreiro de 1972 |
Estado | en servizo |
Produción | 1968-2013[1] |
Unidades construídas | 1 025 |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Tupolev_Tu-154.svg/640px-Tupolev_Tu-154.svg.png)
Foi a base de moitas aeroliñas soviéticas durante décadas, chegando a realizar unha sexta parte dos servizos realizados no mundo e transportando á metade dos pasaxeiros de Aeroflot e as súas subsidiarias. Tamén foi operado por 17 aeroliñas non soviéticas e por varias forzas aéreas e foi o avión estándar nas liñas internas de Rusia e entre as repúblicas ex-soviéticas ata mediados da década dos 2000.
Cunha velocidade de cruceiro de 975 km/h, o Tu-154 é un dos avións civís máis rápidos en servizo e ten un alcance de 5.280 quilómetros. Capaz de operar dende aeródromos de terra e grava, é usado en from unpaved and gravel airfields, utilízase nos territorios árticos do norte de Rusia, onde as instalacións son moi básicas. Cunha vida útil de 45.000 horas, pero capaz de voar 80.000 con actualizacións, agádase que continue operando ata o ano 2016, aínda que as regulacións de ruído fixeron que os servizos cara Europa occidental se restrinxisen. En xaneiro do 2010, a aeroliña rusa Aeroflot anunciou a retirada dos seus Tu-154 despois de 40 anos, realizando o seu último voo o 31 de decembro do 2009 entre Ekaterinburg e Moscova. En decembro do 2010, Uzbekistan Airways tamén declarou que deixaría de operar o modelo en 2011 debido á gran cantidade de accidentes do avión. En marzo do 2011 a Oficina Federal Rusa de Aviación recomedou a retirada de todos os Tu-154M do servizo.