tubo de traballo de laboratorio duns 20 cm de largo e 1-2 de diámetro From Wikipedia, the free encyclopedia
Un tubo de ensaio consiste nun pequeno tubo de vidro (frecuentemente pyrex) ou de plástico (frecuentemente polipropileno), cun extremo aberto (que pode ter unha tapa ou un tapón) e o outro pechado e arredondado, que se utiliza nos laboratorios para conter pequenas mostras líquidas e para realizar reaccións a pequena escala, entre outras cousas.
Para quentar durante intervalos curtos de tempo á chama directa pode sosterse o tubo coa man, suxeitándoo pola parte superior. Se se desexa expoñer máis intensamente á calor é necesaria a utilización de pinzas. En ambos os casos debe terse a precaución de non apuntar coa boca do tubo cara a algunha persoa (para evitar proxeccións da mostra). Os tubos de ensaio non se deben encher máis alá do primeiro terzo.
Os tubos de ensaio foron utilizados nos procedementos químicos e biolóxicos e, xunto cos matraces de Erlenmeyer, as probetas e os vasos de precipitados, vense xeralmente como símbolos da ciencia e da experimentación científica.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tubo de ensaio |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.