Trufa
xénero de fungos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Trufa é o nome común de distintas especies de cogomelos do xénero Tuber, fungos ascomicetos da familia Tuberaceae. Son moi aromáticos, de forma arredondada e medran debaixo da terra. Algúns deles teñen un altísimo interese culinario. En galego soamente se recolle o termo trufa [1], en portugués tamén lle chaman túberas [2]. A cociña tradicional galega non usa este ingrediente, xa que polo xeral rexeita o uso de cogomelos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Trufa (homónimos).
Máis información Trufas (xénero Tuber), Clasificación científica ...
Trufas (xénero Tuber) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Tuber melanosporum |
Pechar
Presenta unha relación simbiótica micorrícica con árbores, coma os castiñeiros, nogueiras e especialmente os do xénero Quercus (carballos) coma as aciñeiras ou os carballos veriños.