![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/29/Protein_THPO_PDB_1v7m.png/640px-Protein_THPO_PDB_1v7m.png&w=640&q=50)
Trombopoetina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A trombopoetina (THPO), tamén chamada factor de desenvolvemento e crecemento do megacariocito (MGDF, megakaryocyte growth and development factor), é unha proteína con función hormonal que nos humanos está codificada polo xene THPO.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/29/Protein_THPO_PDB_1v7m.png/640px-Protein_THPO_PDB_1v7m.png)
A trombopoetina é unha hormona glicoproteica producida principalmente polo fígado, riles e medula ósea, que regula a produción das plaquetas na medula ósea. Estimula a produción e diferenciación dos megacariocitos, que son as células da medula ósea que se fragmentan orixinando as plaquetas en gran número.[1]
A megacariocitopoese é o proceso de desenvolvemento celular que dá lugar á produción de plaquetas. A proteína codificada polo xene TPHO é un factor de crecemento humoral necesario para a proliferación e maduración dos megacariocitos, e para a trombopoese (produción de plaquetas). Esta proteína é o ligando do MLP/C_MPL, que é o produto do oncoxene do virus da leucemia mieloproliferativa.[2]