![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/2c93.png/640px-2c93.png&w=640&q=50)
Trombina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A trombina ou factor IIa de coagulación (Número EC: 3.4.21.5), é un encima do tipo das serina proteases que nos humanos está codificado no xene F2 do cromosoma 11[2], que intervén na coagulación do sangue. Tamén se lle ten chamado entre outros cos seguintes nomes: fibrinoxenase, trombase, trombina-C, tropostasina, factor II de coagulación sanguínea activado, factor IIA de coagulación sanguínea, factor IIa, trombina E, beta-trombina, gamma-trombina.[3][4] O precursor inmediato da trombina é a protrombina. A protrombina (ou factor II de coagulación) sofre unha clivaxe ou corte proteolítico orixinando a trombina na ferbenza da coagulación sangúinea, a cal finalmente detén ou reduce a perda de sangue nas hemorraxias. A trombina á súa vez actúa como unha serina protease que converte o fibrinóxeno soluble en fibras insolubles de fibrina, e cataliza moitas outras reaccións relacionadas coa coagulación.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/2c93.png/320px-2c93.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Coagulation_full.svg/640px-Coagulation_full.svg.png)