![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a4/Nelumbo_Nucifera_fruit_-_botanic_garden_Adelaide.jpg/640px-Nelumbo_Nucifera_fruit_-_botanic_garden_Adelaide.jpg&w=640&q=50)
Tripofobia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tripofobia[Cómpre referencia] (do grego antigo: τρύπα, trýpa, "burato" e φόβος, phóbos, “medo”[1]) é unha fobia proposta ós padróns irregulares ou conxuntos de pequenos buratos ou vultos.[2][3] O termo ten a súa orixe máis probable nunha mensaxe de 2005 dun foro de Internet.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a4/Nelumbo_Nucifera_fruit_-_botanic_garden_Adelaide.jpg/640px-Nelumbo_Nucifera_fruit_-_botanic_garden_Adelaide.jpg)
O termo Tripofobia non está recollido como diagnose no Diagnostic and Statistical Manual (5ª ed) (DSM-5) da American Psychological Association e úsase en moi poucas ocasións na literatura científica, segundo Jennifer Abbasi de Popular Science.[1][4]
Arnold Wilkins e Geoff Cole da Universidade de Essex foron os primeiros científicos en publicar sobre este fenómeno. Segundo eles a reacción está baseada nunha revulsión biolóxica, no lugar de ser un medo cultural adquirido. Nun artigo de 2013 da revista Psychological Science, Wilkins e Cole escribiron que a reacción baséase nunha resposta do cerebro que asocia as formas co perigo.[4][5][6][7]