Trenhotel
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Trenhotel é a marca comercial dos servizos de trens nocturnos de longa distancia e de gama media-alta operados por Renfe Operadora en España. O servizo realízase con trens Talgo e conecta gran parte de España e algunhas cidades de Portugal. No pasado tamén conectaba con cidades de Francia, Italia e Suíza.
Ten asentos en turista e preferente, cabinas de 4 camas en turista e de 1 ou 2 en preferente ou gran clase. O acceso está adaptado a discapacitados e posúe cafetería.
Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, V, VI ou VII con posible rodadura desprazable que foi reformado por dentro contendo moitos dos coches camas para viaxar de noite.