From Wikipedia, the free encyclopedia
Un trastorno do ritmo cardíaco ou arritmia cardíaca é unha alteración na sucesión de latexos cardíacos.[1] Pódese deber a cambios na frecuencia cardíaca, tanto porque acelere (taquicardia coma porque mingüe bradicardia. Considérase tamén arritmia cando o ritmo do corazón é irregular, trastorno que pode ser producido por unha alteración do marcapasos fisiolóxico do corazón (nó sinusal) ou do sistema de condución cardíaco, ou por aparición de marcapasos ectópicos (focos do corazón que exercen a función do nó sinusal de xeito patolóxico).
Arritmia | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Ritmo sinusal do corazón, alterado nas arritmias. | |
ICD-10 | I47 I49 |
ICD-9 | 427.0 |
MedlinePlus | 001101 |
MeSH | D001145 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As bradiarritmias ou trastornos lentos do ritmo cardíaco, resultan da produción inaxeitada de impulsos que proveñen do nó sinusal ou dun bloqueo da propagación do impulso, e poden causar hipotensión e até a perda da conciencia.
As taquiarritmias ou trastornos acelerados do ritmo cardíaco, poden ser de orixe auricular ou ventricular, sendo estas últimas máis perigosas podendo máis a miúdo producir colapso ou mesmo a morte.
Os trastornos do ritmo cardíaco atópanse entre as 20 primeiras causas de discapacidade na poboación anciá.[2]
A meirande parte dos trastornos do ritmo cardíaco categorízanse en cinco grupos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.