nave espacial dos Estados Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia
O transbordador espacial Endeavour, designación OV-105 (OV de Orbital Vehicle) foi un transbordador espacial que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA. Foi o quinto e último transbordador da frota, construído para substituír o Challenger, destruído en 1986, e fixo 25 misións nos seus 20 anos de servizo. Fixo a súa última aterraxe o 21 de setembro de 2012, ó regreso da misión STS-133.[1][2]
Endeavour foi nomeado polo primeiro buque comandado por James Cook. Puido ser construído grazas a que, durante a construción dos transbordadores Discovery e Atlantis, a NASA encargou pezas de substitución para facilitar a reparación en caso de dano, entre elas partes da fuselaxe anterior, posterior e media e o temón. Eventualmente estas pezas, xunto con outras novas, serían usadas para ensamblar o Endeavour como substitución do Challenger. O Endeavour foi deseñado para mellorar as súas capacidades con respecto dos transbordadores previos, sendo máis lixeiro, usando por primeira vez un paracaídas durante a aterraxe para frear antes, levando equipamento para estender as súas misións no espazo, con aviónica nova a bordo e outras melloras.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.